13/2/12

Realidade Cero con Carlos Regalado (fotografía)


India Eterna

Pasaron xa catro anos, e a min paréceme unha eternidade. E o que aínda perdura no meu corazón non é a miseria autóctona da India, so se quedou comigo o sentimento co que viven esas xentes, a súa forma de sonreirlle á vida cando máis lle golpea a un. Tamén afincaron esas miradas penetrantes e anónimas, que buscan profundizar no barranco que supón a existencia, e que dalgunha maneira, fixeron que redescubrira a inocencia pura do ser humano, esa inocencia que so se atreven a practicar os nenos resoltos na súa infancia ceive de regras mundanas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario